Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 189 Venres, 28 de setembro de 2001 Páx. 12.908

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 24 de setembro de 2001 pola que se modifican as ordes do 30 de xullo de 2001, polas que se convocan procesos selectivos para o acceso a categorías correspondentes ós grupos I, II, III, IV e V do persoal laboral fixo da Xunta de Galicia.

Publicadas no Diario Oficial de Galicia nº 160, do 20 de agosto de 2001, as ordes do 30 de xullo de 2001, polas que se convocan os procesos selectivos para o acceso a categorías correspondentes ós grupos I, II, III, IV e V do persoal laboral da Xunta de Galicia, esta consellería, no uso das competencias que lle atribúe o artigo 10 do III convenio colectivo

único para o persoal laboral da Xunta de Galicia, e oída a Comisión de Persoal,

DISPÓN:

Primeiro.-Modifica-la base II.1.3 das convocatorias, que queda redactada do seguinte xeito:

«Os méritos enumerados nas bases II.1.1 e II.1.2 deberán referirse ó 30 de setembro de 2001».

Segundo.-Incluír na páxina número 11.111, no anexo I, as titulacións de licenciado ou diplomado en ciencias do mar ou en farmacia entre as requiridas para o acceso á categoría de oficial de laboratorio (grupo III, categoría 61).

Terceiro.-Incluír na páxina nº 11.122, no anexo I, as titulacións de FP1 rama sanitaria ou FP2 rama sanitaria, especialidade laboratorio, anatomía patolóxica entre as requiridas para o acceso á categoría de auxiliar de laboratorio (grupo IV, categoría 11).

Cuarto.-Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, pódese interpoñer, con carácter potestativo, recurso de reposición ante o conselleiro da Presidencia e Administración Pública no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ó da publicación desta orde, ou directamente o contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da súa publicación, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, conforme os artigos 8, 14 e 46 da Lei 29/1988, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa. O persoal que accede pola quenda de promoción interna poderá interpoñer reclamación previa á vía xudicial laboral no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, conforme os artigos 69 e seguintes do Real decreto lexislativo 2/1995, do 7 de abril.

Santiago de Compostela, 24 de setembro de 2001.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia e Administración

Pública