Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 189 Venres, 28 de setembro de 2001 Páx. 12.908

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 30 de xullo de 2001 pola que se convoca proceso selectivo para o acceso a categorías correspondentes ó grupo IV do persoal laboral fixo da Xunta de Galicia.

Advertido erro material no texto da Orde do 30 de xullo de 2001, publicada no DOG nº 160, do 20 de agosto, é necesario efectua-la seguinte corrección:

-Na páxina 11.117, na base II.1.1.1., onde di: «d) por servicios prestados noutras categorías no Sergas e noutras administracións públicas, ou ben na Xunta de Galicia se o contratado laboral cotizase no réxime especial agrario: 0,01 puntos/mes», debe dicir: «d) por servicios prestados noutras categorías no Sergas e noutras administracións públicas: 0,01 puntos/mes».