Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 188 Xoves, 27 de setembro de 2001 Páx. 12.831

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PADRÓN

ANUNCIO.

Por acordo da Comisión Municipal de Goberno, do 3 de setembro de 2001, dispúxose aprobar definitivamente o proxecto de urbanización e servicios sector 2 en Iria Flavia-Padrón e o proxecto de compensación polígono único do Plan parcial sector Padrón R2 e a súa publicación no DOG.

Padrón, 7 de setembro de 2001.

Jesús Villamor Calvo

Alcalde