Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 188 Xoves, 27 de setembro de 2001 Páx. 12.830

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BETANZOS

EDICTO sobre exposición de aprobación inicial da modificación das normas subsidiarias de planeamento municipal.

O Pleno deste Concello na súa sesión celebrada o pasado día 10, adoptou acordo de aprobar inicialmente o expediente de modificación das normas subsidiarias de planeamento municipal, no denominado ámbito do Pasatempo.

Así mesmo, acordouse a apertura do trámite de exposición pública previsto no artigo 42 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, por prazo dun mes, contado desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio.

Durante este prazo poderán tódolos interesados examina-lo expediente nas oficinas de Urbanismo deste concello sitas na praza de Galicia, nº 1 (edificio Liceo) e presentar mediante escrito dirixido ó Pleno do Concello as alegacións que consideren oportunas.

Así mesmo, en virtude do artigo 34.3º da lei, queda suspendido o outorgamento de licencias urbanísticas no citado ámbito polo prazo establecido no dito artigo.

Betanzos, 23 de agosto de 2001.

Manuel Lagares Pérez

Alcalde-presidente