Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 188 Xoves, 27 de setembro de 2001 Páx. 12.828

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 23 de agosto de 2001, da Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Xeral-Cíes de Vigo, pola que se anuncia a contratación, polo sistema de concurso, mediante procedemento e tramitación ordinaria, da subministración sucesiva de material para a realización de determinacións de hormonas e do arrendamento e mantemento dos equipos. (Expediente 17/2001).

A Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Xeral-Cíes de Vigo, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artigo 7 da orde da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais do 21 de abril de 1998 (DOG nº 88, do 11 de maio) modificada pola Orde de 23 de marzo de 2000, convoca a seguinte contratación:

Expediente 17/2001:

1. Obxecto: subministración sucesiva de material para a realización de determinacións de hormonas e do arrendamento e mantemento dos equipos.

2. Orzamento máximo: 14.280.650 pesetas/ano, IVE incluído (85 828,44 euros).

3. Prazo de execución: desde a data de formalización do contrato e por un prazo de 12 meses.

4. Admisión de variantes: si (ver prego de cláusulas administrativas).

5. Garantía provisional: non se esixe.

6. Forma de adxudicación: concurso público, procedemento aberto e tramitación ordinaria.

7. Clasificación: non se esixe.

8. Solvencia económica e financeira: acreditarase por calquera dos medios previstos no artigo 18 da Lei de contratos das administracións públicas (R.D.L. 2/2000, do 16 de xuño, BOE nº 148, do 21 de xuño).

9. Solvencia técnica: acreditarase por calquera dos medios previstos no artigo 18 da Lei de contratos das administracions públicas (R.D.L. 2/2000, do 16 de xuño, BOE nº 148, do 21 de xuño).

10. Criterios de adxudicación:

Ver prego de cláusulas administrativas (epígrafe 7).

11. Documentación: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria pódese solicitar na Sección de Contratación do Complexo Hospitalario Xeral-Cíes, rua Pizarro, 22, 36204 Vigo, en días laborables desde as 9 ata as 14 horas. Teléfono: 986 81 59 37 e fax: 986 81 60 65. Páxina web: www. sergas.es.

12. Prazo de presentación de proposicións: as proposicións deberanse presentar en man, no rexistro xeral do Complexo Hospitalario Xeral-Cíes, antes das 14 horas do décimo quinto día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou por correo na forma indicada no artigo 100 do RXCE.

13. Documentación que deben presenta-los licitadores: presentarán en sobre pechado e asinado polo licitador a solicitude para participar, así como a documentación persoal, referencias técnicas e proposición económica, descritas no prego de cláusulas administrativas.

14. Apertura de proposicións: a apertura das proposicions admitidas realizarase pola mesa de contratación, reunida en acto público, na sala de xuntas do Hospital Xeral ás 8.30 horas do décimo primeiro día natural contado a partir do seguinte a aquel en que remate o prazo de presentación de ofertas, no caso de que coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar no día hábil seguinte.

15. Anuncios: o importe do anuncio do presente concurso público será por conta dos adxudicatarios.

Vigo, 23 de agosto de 2001.

José Manuel González Álvarez

Director xerente do Complexo Hospitalario

Xeral-Cíes de Vigo