Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 187 Mércores, 26 de setembro de 2001 Páx. 12.747

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA

RESOLUCIÓN do 13 de agosto de 2001, do Servicio de Estructuras Rurais de Pontevedra, pola que se fai público o acordo de concentración parcelaria da zona de Monte Moreira (A Estrada-Pontevedra).

Ponse en coñecemento de tódolos interesados na concentración parcelaria da zona de Monte Moreira (A Estrada-Pontevedra), declarada de utilidade pública e urxente execución polo Decreto 14/1996, do 12 de xaneiro (DOG nº 20, do 29 de xaneiro), o seguinte:

Primeiro.-Con data do 6 de agosto de 2001, o director xeral de Desenvolvemento Rural aprobou o acordo de concentración parcelaria da zona de Monte Moreira (A Estrada-Pontevedra), logo de introducir no proxecto as modificacións oportunas á vista da enquisa deste último.

Segundo.-O acordo de concentración estará exposto ó público na Casa do Concello da Estrada e na zona, durante trinta días hábiles, contados desde o seguinte día en que sexa publicado o último dos avisos que corresponde facer no Diario Oficial de Galicia, no BOP, no xornal de máis circulación da zona e no taboleiro de anuncios da casa do concello.

Terceiro.-No prazo dos trinta días que se din, cabe interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria. Os recorrentes poden presenta-los recursos no rexistro da Delegación Provincial de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria -sito na rúa Benito Corbal, 47, 4º, de Pontevedra-, no rexistro xeral da consellería -sito no edificio administrativo de San Caetano, s/n, de Santiago de Compostela-, ou en calquera das dependencias ás que fai referencia o artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, por si mesmos ou por representación. No escrito de recurso deberán expresar un domicilio dentro do termo municipal para facérlle-las notificacións que procedan, e se é o caso, a persoa residente nel a quen teñan que facerlle as notificacións.

Advírtese, ademais, que o acordo de concentración parcelaria só poderá ser impugnado en alzada se se infrinxisen as formalidades prescritas para a súa

elaboración e publicación, ou se non se axustase ás bases (artigos 36, 38, 40 y 41 da Lei 10/1985, do 14 de agosto, de concentración parcelaria para Galicia).

Pontevedra, 13 de agosto de 2001.

O xefe do Servicio de Estructuras Rurais

de Pontevedra

P.A.

Fco. José Tomico Santos