Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 187 Mércores, 26 de setembro de 2001 Páx. 12.735

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 29 de agosto de 2001, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se fai pública a adxudicación de tres contratos administrativos.

En cumprimento do disposto no artigo 93 do texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, aprobado por Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño e 119 do Regulamento xeral de contratación do Estado, esta secretaría acordou darlle publicidade ás adxudicacións dos contratos administrativos que se relacionan.

1. Contrato de obra.

Resolución de licitación: 12 de xullo de 2001 (Diario Oficial de Galicia nº 139, do 18 de xullo).

Obxecto do contrato:

Construcción dun pavillón polideportivo no concello de Carballeda de Valdeorras (Ourense).

Adxudicatario: Construcciones Alea, S.L.

Importe adxudicación: 114.969.702 pesetas.

Prazo de execución: nove (9) meses.

Data da resolución: 23 de agosto de 2001.

Procedemento e forma de adxudicación: procedemento aberto e concurso.

2. Contrato de obra.

Obxecto do contrato:

Complementario (vestiarios) ó de construcción dunha pista de atletismo no concello de Vilagarcía de Arousa (Pontevedra).

Adxudicatario: IMAGA, Proyectos y Construcciones, S.A.

Importe adxudicación: 33.639.117 pesetas.

Prazo de execución: seis (6) meses.

Data da resolución: 3 de xullo de 2001.

Forma de adxudicación: procedemento negociado sen publicidade ó abeiro do disposto no artigo 141.d do texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, aprobado por Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño.

3. Contrato de subministración.

Resolución de licitación: 9 de xullo de 2001 (Diario Oficial de Galicia nº 136, do 13 xullo).

Obxecto do contrato:

Subministración e instalación da balizaxe dun campo de regatas de remo e piragüismo no encoro de Castrelo de Miño (Ourense).

Adxudicatario: Aislamientos Térmicos de Galicia, S.A. (AISTER, S.A.).

Importe adxudicación: 15.421.909 pesetas.

Prazo de entrega: tres (3) meses.

Data da resolución: 23 de agosto de 2001.

Procedemento e forma de adxudicación: procedemento aberto e concurso.

Santiago de Compostela, 29 de agosto de 2001.

P.D. (Orde 22-2-1999)

Eduardo Lamas Sánchez

Secretario xeral para o Deporte