Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 186 Martes, 25 de setembro de 2001 Páx. 12.723

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE XINZO DE LIMIA

RESOLUCIÓN do 30 de agosto de 2001, relativa á convocatoria para prover dous postos de conserxes de colexios públicos.

O BOP de Ourense nº 209, do 11 de setembro de 2001, publica integramente a convocatoria e bases de proceso selectivo para prover, mediante o sistema de concurso-oposición libre, dous postos de conserxes de colexios públicos vacantes no cadro do persoal laboral fixo deste concello.

Os escritos solicitando participar neste proceso selectivo poderán ser presentados durante o prazo de vinte días naturais seguintes a aquel en que a convocatoria apareza no Boletín Oficial del Estado.

Xinzo de Limia, 14 de setembro de 2001.

Gonzalo Iglesias Sueiro

Presidente