Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 186 Martes, 25 de setembro de 2001 Páx. 12.723

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VERÍN

ANUNCIO.

A alcaldesa en funcións, mediante decreto de data 22-8-2001, aprobou definitivamente o proxecto de compensación do polígono B-22 dentro da área de reparto 22 tramitado como propietario único por instancia de Fernando Vila Camino de conformidade co disposto nos artigos 133.1º da Lei do solo de Galicia e 157.3º do Regulamento de xestión urbanística aprobado polo Real decreto 3288/1978, do 25 de agosto.

En cumprimento do disposto no artigo 60 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, faise público, sinalando que contra o acordo de aprobación definitiva poderá interpoñerse recurso de reposición ante a alcaldía no prazo dun mes, ou ben acudir directamente á vía xudicial interpoñendo recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, con sede na Coruña, no prazo de dous meses.

Os prazos que se sinalan contaranse a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Verín, 22 de agosto de 2001.

Mª Corona Meixeira Romasanta

Alcaldesa en funcións