Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 186 Martes, 25 de setembro de 2001 Páx. 12.703

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 13 de agosto de 2001, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución e o anexo da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 00/80-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución e do anexo que o acompaña da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15000 A Coruña.

Denominación: L.M.T.S. sub. Sada a deriv. L.M.T. Carnoedo e L.M.T. Mera.

Situación: Sada-Oleiros.

Descricións técnicas: liña eléctrica subterránea de media tensión, a 15 kV, baixo tubo e con conductor R.H.V. 12/20 kV de 3(1x240) mm Al de 1.924 m de lonxitude, con orixe na subestación de Sada e final no apoio existente na liña que alimenta o C.T. Carnoedo (expediente 128/1994). Sada e Oleiros.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve:

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que estime pertinente.

A Coruña, 13 de agosto de 2001.

Manuel Estévez Mengotti

Delegado provincial en funcións da Coruña