Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 186 Martes, 25 de setembro de 2001 Páx. 12.700

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 23 de agosto de 2001, da Dirección Xeral de Transportes, pola que se fai pública a adxudicación definitiva da concesión do servicio público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada V-1315; XG-079, Navia de Suarna-Queizán-Louxas-A Fonsagrada, con anexos, por substitución da concesión V-1315; XG-079, A Fonsagrada-Navia de Suarna, con anexos.

O Conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, con data 6 de xullo de 2001, resolveu outorgar, con carácter definitivo, á empresa Alferher, S.L., a concesión do servicio público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada V-1315 XG-079, Navia de Suarna-Queizán-Louxas-A Fonsagrada, con anexos, por substitución da concesión V-1315; XG-079, A Fonsagrada-Navia de Suarna, con anexos, de acordo entre outras, coas seguintes condicións particulares:

1. Itinerarios e puntos de parada.

* Navia de Suarna, Barcia, Queizán, Liñares, Louxas-Seoane, Barcela, Aldobrén, Lamas de Moreira, Cabana, Moreira, Santiso, A Pasada Seca, A Porteliña, A Arqueira, O Padrón e A Fonsagrada

* Louxas, Río Bangos, Chao do Couso, Lencias e Coea.

* Barcia, Mera, Mosteiro, Molmeán e Chao de Couso.

* Louxas e A Tumbiadoira.

2. Expedicións e calendario.

Navia de Suarna-Queizán-Louxas-A Tumbiadoira-Louxas-A Fonsagrada:

* Unha expedición de ida e volta de luns a venres laborables.

* Unha expedición o primeiro e terceiro sábados de cada mes.

A Tumbiadoira-Louxas-A Fonsagrada:

* Unha expedición de ida e volta os xoves lectivos.

Coea-Chao do Couso-Louxas:

* Unha expedición de ida e volta os luns, mércores e venres lectivos.

Louxas-Chao do Couso-Barcia-Navia de Suarna:

* Unha expedición de ida e volta os luns, mércores e venres lectivos.

3. Tarifas.

Tarifa aplicable:

-Tarifa partícipe por viaxeiro/km: 10,50 pesetas.

-Tarifa usuario: 11,235 pesetas.

-Exceso de equipaxes e encargos (excluído IVE): 1,575 pesetas.

Contra a citada orde, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes ante este mesmo órgano ou recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados, ámbolos dous prazos a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. En todo caso non se poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente ou se produza a desestimación presunta do recurso de reposición.

Santiago de Compostela, 23 de agosto de 2001.

Juan Carlos Villarino Tejada

Director xeral de Transportes