Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 185 Luns, 24 de setembro de 2001 Páx. 12.675

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTEVEDRA

RESOLUCIÓN do 13 de agosto de 2001 pola que se publica a contratación da subministración de gasóleo C para a calefacción dos centros escolares de EXB, Casa do Concello e cemiterio de San Amaro, para a tempada invernal 2001-2002.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Pontevedra.

a) Órgano de contratación: Comisión de Goberno.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Contratación e Patrimonio.

2. Obxecto do contrato:

a) Subministración de gasóleo C para a calefacción dos centros escolares de EXB, Casa do Concello e cemiterio de San Amaro, para a tempada invernal 2001-2002.

c) Prazo de entrega: o adxudicatario queda obrigado a entregar en cada un dos colexios, Casa do Concello e cemiterio de San Amaro, no prazo de 24 horas, o combustible que se requira polos servicios técnicos municipais, nas cantidades máximas sinaladas na cláusula 2ª do prego, sendo a cantidade final de gasóleo que vai adquiri-lo concello, a que resulte da suma das entregas parciais realizadas pola empresa adxudicataria co límite indicado.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación: ordinaria, aberto, poxa.

4. Orzamento de licitación: 10.440.000 pesetas, incluído todo xénero de gastos e IVE.

5. Garantías: provisional: 208.800 pesetas. Definitiva: 4% do prezo do contrato.

6. Obtención de documentación e información:

a) Lugar: Servicio de Contratación e Patrimonio do Concello de Pontevedra. Praza de España, s/n, Pontevedra, 36071. Teléfono: 986 80 43 00. Fax: 986 86 01 02.

b) Data límite de obtención de documentos e información: vinteseis días naturais desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

7. Presentación das ofertas:

a) Data límite de presentación: vinteseis días naturais contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: cláusula 10ª do prego.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral do Concello de Pontevedra, das 9 ás 13.30 horas.

d) Prazo no que o licitador está obrigado a mante-la súa oferta: vinte días.

8. Apertura das ofertas: pola mesa de contratación ás 9 horas do luns seguinte hábil ó da terminación do prazo sinalado para a presentación de ofertas.

9. Gastos: serán de conta do adxudicatario os seguintes gastos:

a) Os de anuncios que xere o procedemento e os seus actos preparatorios.

b) Os tributos estatais, autonómicos e municipais que deriven do contrato de subministración, incluído o IVE.

c) Os de formalización do contrato de adxudicación en documento administrativo de conformidade coa ordenanza fiscal reguladora da taxa.

d) Os de transporte e entrega da subministración.

Pontevedra, 13 de agosto de 2001.

Miguel Anxo Fernández Lores

Alcalde

Adolfo Castro Pérez

Secretario accidental