Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 185 Luns, 24 de setembro de 2001 Páx. 12.673

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 22 de agosto de 2001 pola que se anuncia concurso, polo procedemento aberto, para a contratación da subministración sucesiva de placas para a realización de mamografías para o Programa Galego de Detección Precoz do Cancro de Mama (C-325/2001).

1. Entidade adxudicadora: Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, División de Recursos Económicos, Subdirección Xeral de Contratación e Xestión Económica, edificio administrativo San Caetano, bloque 2-2º, teléfono: 981 54 57 65; fax: 981 54 27 62, 15781 Santiago de Compostela (www.sergas.es).

2. Modalidade de adxudicación: concurso polo procedemento aberto.

3.a) Lugar de entrega dos bens obxecto da subministración: en territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.

b) Natureza e cantidade dos productos que deban subministrarse:

-CPV:

-Cantidade:

Ano 2001: 2.759 m.

Ano 2002: 15.500 m.

Ano 2003: 15.500 m.

-Orzamento total: corenta e oito millóns novecentas cincuenta mil cincocentas cincuenta pesetas (48.950.550 pesetas), equivalentes a 294.198,73 euros.

c) Indicacións relativas á posibilidade de que os subministradores liciten por partes ou polo conxunto das subministracións requiridas: pola totalidade

4. Prazo de entrega eventualmente imposto: 72 horas como máximo desde a notificación da petición.

5.a) Nome e enderezo do servicio ó que poden solicitarse os documentos pertinentes: vid supra, punto 1.

b) Data límite para efectuar esta solicitude: 11-10-2001.

6.a) Data límite de recepción das ofertas: 19-10-2001.

b) Enderezo ó que deben dirixirse: rexistro xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, sito en (vid supra, aptdo. 1).

c) Lingua o linguas nas que deban redactarse: castelán ou galego.

7.a) Persoas admitidas a asistir á apertura das ofertas: apertura en acto público.

b) Data, hora e lugar da dita apertura: sala de xuntas da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais en San Caetano (2º piso, ático ala norte, a partir das 9.30 horas do quinto día natural, contado a partir do seguinte ó de finalización do prazo de presentación de ofertas.

8. Garantías esixidas: garantía provisional do 2% do orzamento de licitación.

9. Modalidades esenciais de financiamento e pagamento ou referencias ós textos que as regulan: abono en conta.

10. Forma xurídica que deberá adopta-la agrupación de provedores: unión temporal de empresas.

11. Informacións e formalidades necesarias para a avaliación das condicións mínimas de carácter económico e técnico que deberá reuni-lo provedor: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

12. Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres meses desde a data de apertura das proposicións económicas.

13. Criterios que se seguirán para adxudica-lo contrato: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

14. Admisión de variantes: non se admiten.

15. Información complementaria: en (vid supra, punto 1).

16. Data de publicación no DOCE do anuncio de información previa:

17. Data de envío do anuncio á Oficina das Publicacións Oficiais das Comunidades Europeas: 28-8-2001.

18. Data de recepción do anuncio pola Oficina de Publicacións Oficiais das Comunidades Europeas:

19. Anuncios: o importe do anuncio da presente resolución na prensa e nos boletíns oficiais será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 22 de agosto de 2001.

Manuel Antonio Silva Romero

Secretario xeral do Servicio Galego de Saúde