Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 185 Luns, 24 de setembro de 2001 Páx. 12.665

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 20 de agosto de 2001, da Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela, pola que se anuncia concurso público para a contratación da subministración sucesiva de catéteres para este complexo hospitalario, mediante procedemento aberto. (Expediente 49/2001).

A Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artigo 7 da Orde do 21 de abril de 1998, modificada pola Orde do 23 de marzo de 2000, ámbalas dúas da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve convoca-lo seguinte concurso público:

1. Nome e enderezo do servicio: Contratación Administrativa do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela. Hospital Clínico Universitario, A Choupana, s/n, 15706. Santiago de Compostela. Teléfono: 981 95 02 60. Fax: 981 95 09 85.

2.a) Modalidade de adxudicación: concurso aberto e ordinario.

b) Forma do contrato obxecto de licitación: subministración sucesiva.

3.a) Lugar de entrega: no almacén de subministracións, planta (-4) do Hospital Clínico, ou no almacén de calquera dos centros integrantes do complexo hospitalario, segundo as instruccións concretas do Servicio de Subministracións do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela.

b) Natureza e cantidade dos productos que se van subministrar: subministración sucesiva de catéteres, estructurada en sete lotes:

Lote 1: catéter de diagnóstico.

Lote 2: kit composto de catéter de diagnóstico e catéter de coronaria.

Lote 3: catéter guía anxioplastia.

Lote 4: catéter diagnóstico con balón.

Lote 5: catéter de ablación.

Lote 6: catéter de 2 e 3 vías.

Lote 7: catéter SVO2 de gasto cardíaco.

Lote

Prezo unitario (pesetas)Consumo

estimado

Importe

(pesetas)

Importe

(euros)

1.12.696375 unidades1.011.0006.076,23

1.22.696375 unidades1.011.0006.076,23

220.0001.000 unidades20.000.000120.202,42

3.122.500375 unidades8.437.50050.710,40

3.222.50065 unidades1.462.5008.789,80

418.500250 unidades4.625.00027.796,81

5.1200.00057 unidades11.400.00068.515,38

5.2190.00025 unidades4.750.00028.548,07

6.12.2002.250 unidades4.950.00029.750,10

6.22.2001.500 unidades3.300.00019.833,40

735.000450 unidades15.750.00094.659,41

Importe: 76.697.000 pesetas (setenta e seis millóns seiscentas noventa e sete mil pesetas).

460.958,25 euros (catrocentos sesenta mil novecentos cincuenta e oito euros con vintecinco céntimos).

Duración: quince meses, desde o 1 de outubro de 2001 ou desde a data de sinatura do contrato, se fose posterior. O presente contrato admite prórroga. Esta tramitarase de acordo co establecido na cláusula 2.3.2. do prego tipo de cláusulas administrativas particulares.

c) Licitación: á totalidade ou a un ou máis lotes.

4. Prazo de entrega eventualmente imposto: segundo necesidades comunicadas polo Servicio de Subministracións do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela.

5.a) Nome e enderezo do servicio ó que poden solicita-lo prego de condicións e os documentos complementarios: o que figura no punto 1.

b) Data límite para efectua-la dita solicitude: 11-10-2001.

c) Se é o caso, importe e modalidades de pagamento da suma que deba aboarse para obte-los ditos documentos: non.

6.a) Data límite de recepción de propostas: 19-10-2001.

No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, o prazo de presentación finalizará o seguinte día hábil.

b) Enderezo ó que deben enviarse as ofertas: ver punto 1.

c) Lingua ou linguas nas que deben redactarse: castelán e/ou galego.

7.a) Persoas admitidas a asistir á apertura das ofertas: apertura en acto público.

b) Data, hora e lugar da dita apertura: sala de xuntas do Hospital Clínico Universitario de Santiago de Compostela a partir das 10 horas do décimo sexto día natural contado a partir do último día de recepción de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o primeiro día hábil seguinte.

8. Garantías esixidas:

Garantía provisional: si.

Importe total da garantía provisional: 2% do orzamento de licitación: 1.533.940 pesetas (9.219,17 euros).

Importe da garantía provisional por lotes:

Lote 1: 40.440 pesetas (243,05 euros).

Lote 2: 400.000 pesetas (2.404,05 euros).

Lote 3: 198.000 pesetas (1.190,00 euros).

Lote 4: 92.500 pesetas (555,94 euros).

Lote 5: 323.000 pesetas (1.941,27 euros).

Lote 6: 165.000 pesetas (991,67 euros).

Lote 7: 315.000 pesetas (1.893,19 euros).

Garantía definitiva: si, 4% do orzamento de licitación.

Importe total da garantía definitiva: 3.067.880 pesetas (18.438,33 euros).

Importe da garantía definitiva por lotes:

Lote 1: 80.880 pesetas (486,10 euros).

Lote 2: 800.000 pesetas (4.808,10 euros).

Lote 3: 396.000 pesetas (2.380,00 euros).

Lote 4: 185.000 pesetas (1.111,87 euros).

Lote 5: 646.000 pesetas (3.882,54 euros).

Lote 6: 330.000 pesetas (1.983,34 euros).

Lote 7: 630.000 pesetas (3.786,38 euros).

Constituiranse segundo o disposto nos artigos 35 e 36, do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

9. Modalidades básicas de financiamento e de pagamento e/ou referencia ós textos que as regulan: mediante pagos parciais, en base ás entregas igualmente parciais da subministración, debidamente recepcionadas, facturadas e conformadas.

10. Se é o caso, forma xurídica que deberá adopta-la unión de empresarios adxudicataria do contrato: o que establece o artigo 24 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

11. Datos referentes á situación do provedor e datos e formalidades necesarios para a avaliación das condicións de carácter económico e técnico que debe reuni-lo provedor: as condicións que se establecen no prego tipo de cláusulas administrativas particulares e prego de prescricións técnicas.

12. Prazo durante o que o licitador estará abrigado a mante-la súa oferta: 3 meses, desde a data de apertura de proposicións.

13. Criterios que se utilizarán para a adxudicación do contrato: segundo o punto 13 da folla de especificacións.

14. Se é o caso, prohibición de variantes: non se admiten variantes.

15. Información complementaria: ver servicio do punto 1.

16. Data de publicación no DOCE do anuncio de información previa ou mención da súa non publicación: non se publica.

17. Data de envío do anuncio: 28-8-2001.

18. Data de recepción do anuncio pola Oficina de Publicacións Oficiais das Comunidades Europeas (reservado á OPOCE):

Santiago de Compostela, 20 de agosto de 2001.

Felipe Casanueva Freijo

Xerente xeral en funcións do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela