Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 185 Luns, 24 de setembro de 2001 Páx. 12.664

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

ENTE PÚBLICO PORTOS DE GALICIA

CORRECCIÓN de erros.-Resolución do 6 de setembro de 2001 pola que se anuncia a licitación, polo procedemento aberto e adxudicación por concurso, tramitación urxente, da obra que se cita. (Expediente PO-13-00-01-01).

Advertido erro no texto da citada resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia, número 177, do 12 de setembro de 2001, convén face-la oportuna rectificación.

Na páxina 12.163, no punto 7, letra a), onde di: «Clasificación: grupo F (marítimas), subgrupo 7, categoría D», debe dicir: «Clasificación: grupo F, subgrupo 7, categoría E».

Presentación de ofertas e das solicitudes de participación.

O prazo de presentación de proposicións rematará ás doce horas do décimo terceiro día natural seguinte ó da publicación desta corrección no Diario Oficial de Galicia, e o prazo de apertura de proposicións será ás nove horas do décimo día natural seguinte ó do remate do prazo de presentación. No caso de que os devanditos días coincidan en sábado ou festivo, o prazo de admisión e apertura das proposicións será o día hábil seguinte.