Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 185 Luns, 24 de setembro de 2001 Páx. 12.650

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 13 de agosto de 2001 pola que se fai pública a resolución dos recursos ordinarios e de alzada interpostos contra as resolucións recaídas nos expedientes de autorización de costas 92/33-2, 93/41 e 00/59-2 de Lugo.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que figura no anexo, a citada resolución.

Contra a resolución que se publica procederá a interposición do recurso contencioso-administrativo perante o xulgado do contencioso-administrativo da cidade de Lugo, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da publicación.

Santiago de Compostela, 13 de agosto de 2001.

Carlos del Álamo Jiménez

Conselleiro de Medio Ambiente

ANEXO

Interesada: Isidora González Mata.

Último enderezo coñecido: r/ Río Sil nº 52-1º C, Lugo.

Contido da resolución dos recursos:

Data: 22 de maio de 2001.

Resolución: desestimados, confirmando as resolucións en tódolos seus termos.