Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 185 Luns, 24 de setembro de 2001 Páx. 12.642

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 1 de agosto de 2001, da Delegación Provincial da Coruña, polo que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 01/338-1).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e

no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición da autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Electra del Jallas, S.A.

Enderezo social: praza da Constitución, 7, 15270 Cee (A Coruña).

Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T. Curra.

Situación: Carnota.

Descricións técnicas: liña eléctrica aérea de media tensión, a 20 kV sobre apoios de formigón e en conductor LA-56, de 147 m de lonxitude, con orixe no apoio nº 77 da liña Pontella-Alivia e final no C.T. Curra, que se vai instalar. Centro de transformación, tipo intemperie, sobre apoio de formigón, de 50 kVA e tensións de 20/0,380-0,220 kV en Curra, do que parte rede de baixa tensión, sobre apoios de formigón e conductor R.Z. de 95 m de lonxitude que se conecta á rede existente. Concello de Carnota.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examina-lo expediente e presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.

A Coruña, 1 de agosto de 2001.

Manuel Estévez Mengotti

Delegado provincial en funcións da Coruña