Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 185 Luns, 24 de setembro de 2001 Páx. 12.639

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do 17 de agosto de 2001, do recadador de zona da Coruña, polo que se relacionan dilixencias de embargo pendentes de notificar e se emprazan os interesados que se sinalan (Alonso González, Juan e doce máis).

O recadador da Comunidade Autónoma de Galicia, titular de zona da Coruña, por medio do presente anuncio comunica que se seguen neste órgano de recadación procedementos administrativos de constrinximento contra os debedores que se sinalan na relación que se xunta, segundo establece o artigo 110 do Regulamento xeral de recadación. Nos devanditos expedientes practicouse dilixencia de embargo sobre os bens que aparecen como propiedade dos debedores; dilixencia que non lles puido ser notificada ós interesados malia os intentos feitos neste sentido. A referencia da dilixencia é a que se sinala no anexo.

Dos embargos que se citan tomarase nota no rexistro que corresponda, a favor da Comunidade Autónoma de Galicia.

De conformidade co disposto no artigo 105 da Lei 230/1963, do 28 de decembro, xeral tributaria, modificado polo artigo 28 da Lei 66/1997, do 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e da orde social, emprázanse os interesados, ou os seus representantes, para seren notificados por comparecencia.

A comparecencia deberá efectuarse ante o órgano de recadación (Zona de Recadación da Coruña, r/ Comandante Fontanes, 17-1º A), no prazo de dez días contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

A Coruña, 17 de agosto de 2001.

Nazario Villalva

Recadador da zona da Coruña

ANEXO

InteresadoDNI/NIFData

dilixencia

Descrición do ben

Alonso González, Juan33209655-R18-6-2001Vehículo matrícula

C-3679-AS

Alonso González, Juan33209655-R22-6-2001Predio nº 14082.0.

Rex. Prop. Noia

Centro de Servicios para la

Comuni.

A-1522508912-6-2001Vehículo matrícula

C-2223-BP

Construcciones Rodoca, S.L.B-1541900516-7-2001Vehículo matrícula

C-0550-BL

Edificios Noroeste, S.A.A-150772417-6-200150% predio nº 10181

Rex. Prop. nº 3

A Coruña

Edificios Noroeste, S.A.A-150772417-6-200150% predio nº 8997

Rex. Prop. nº 3

A Coruña

Edificios Noroeste, S.A.A-150772417-6-2001Predio nº 28276

Rex. Prop. nº 3

A Coruña

Gil García, José María32759539-H9-7-2001Predio nº 26210

Rex. Prop. nº 3

A Coruña

Pemán Pérez, María Elena23-8-2000Usufructo nai predio

7701.0 Rex. Padrón

Pemán Pérez, Santiago Antonio23-8-2000Usufructo nai predio

7701.0 Rex. Padrón

Urbanizadora Inmob. Fadese, S.A.7-6-200150% predio nº 8997

Rex. Prop. nº 3

A Coruña

Urbanizadora Inmob. Fadese, S.A.7-6-200150% predio nº 10181

Rex. Prop. nº 3

A Coruña

Viturro Saborido, Mª Carmen22-6-2001Predio nº 14082.0

Rex. Prop. Noia