Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 184 Venres, 21 de setembro de 2001 Páx. 12.592

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

EDICTO do 13 de agosto de 2001, da Delegación Provincial de Ourense, polo que se somete a información pública a admisión definitiva do permiso de investigación Colado, 4967.

A Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio en Ourense, dá a coñecer que foi admitida definitivamente a solicitude do permiso de investigación Colado número 4967 de 19 cuadrículas mineiras para os recursos da sección C, nos concellos de Maceda e Baños de Molgas (Ourense).

A designación do terreo é a seguinte:

VérticesLonxitudeLatitude

107º 40' 00''42º 17' 40''

207º 39' 00''42º 17' 40''

307º 39' 00''42º 17' 00''

407º 39' 40''42º 17' 00''

507º 39' 40''42º 15' 40''

607º 39' 00''42º 15' 40''

707º 39' 00''42º 14' 40''

807º 40' 00''42º 14' 40''

O que se fai público para que calquera que se considere afectado, interpoña reclamación no prazo de 15 días hábiles, nesta delegación provincial; pasado o prazo non se admitirá oposición ningunha.

Ourense, 13 de agosto de 2001.

Gabriel Diéguez Domínguez

Delegado provincial de Ourense en funcións