Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 183 Xoves, 20 de setembro de 2001 Páx. 12.537

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE ORTIGUEIRA

ANUNCIO de concurso, por procedemento aberto e vía de urxencia, para a contratación de execución de obra.

Obxecto: execución do proxecto modernización das dependencias do mercado municipal.

Orzamento 38.218.539 pesetas (229.698,04 euros).

Información: Secretaría Municipal-Negociado de Contratación.

Proposicións: poderán presentarse no rexistro xeral, Negociado de Contratación ata as 14 horas do día dentro do prazo de trece días naturais contados desde o seguinte ó da última publicación do anuncio de licitación no BOP ou DOG.

Gastos de anuncios: os gastos do presente anuncio serán por conta do adxudicatario.

Ortigueira, 29 de agosto de 2001.

Antonio Campo Fernández

Alcalde