Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 183 Xoves, 20 de setembro de 2001 Páx. 12.499

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 12 de setembro de 2001 pola que se autoriza a integración do centro privado Los Milagros de Vigo no centro privado Bouza Brey de Vigo, segundo os datos que figuran no anexo.

Examinado o expediente iniciado pola representante de Bouza Brey Sociedad Cooperativa, titular

dos centros privados Los Milagros e Bouza Brey de Vigo, polo que solicita a integración do centro privado Los Milagros no centro privado Bouza Brey.

Vistos a Lei 8/1985, do 3 de xullo (BOE do 4 de xullo), reguladora do dereito á educación; Lei 1/1990, do 3 de outubro (BOE do 4 de outubro), de ordenación xeral do sistema educativo; Real decreto 2377/1985, do 18 de decembro (BOE do 27 de decembro), polo que se aproba o Regulamento de normas básicas sobre concertos educativos; Real decreto 1004/1991, do 14 de xuño (BOE do 26 de xuño), polo que se establecen os requisitos mínimos dos centros que imparten ensinanzas de réxime xeral non universitarias; Decreto 133/1995, do 10 de maio (DOG do 22 de maio), sobre autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias, e a Orde do 20 de setembro de 1995 (DOG do 15 de decembro) que o desenvolve.

Tendo en conta que, á vista da documentación presentada, reúne os requisitos esixidos pola lexislación vixente.

Esta consellería, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa,

DISPÓN:

Primeiro.-Autoriza-la integración do centro privado Los Milagros de Vigo e do centro privado Bouza Brey de Vigo. Como consecuencia desta integración, o mencionado centro privado Los Milagros (código 36011658) queda suprimido.

Segundo.-A integración, que por esta orde se autoriza, non suporá incremento das ensinanzas e do número de unidades que, segundo a Orde do 1 de setembro de 1999 (DOG do 10 de setembro), ten autorizadas o centro privado Bouza Brey.

Terceiro.-O concerto educativo subscrito entre a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e a Sociedad Cooperativa Bouza Brey referido ó centro Los Milagros, así como as axudas económicas á educación infantil que puidesen corresponderlle, segundo a Orde do 18 de xuño de 2001 (DOG do 26 de xuño), entenderanse referidos, para tódolos efectos e sen que supoña incremento do gasto público, ó centro integrado Bouza Brey.

Cuarto.-Queda o centro obrigado ó cumprimento da lexislación vixente e a solicita-la oportuna revisión cando teña que modificarse calquera dos datos que sinala a presente orde.

Quinto.-Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, no prazo dun mes, a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 4/1999 (BOE 14 de xaneiro), de modificación da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben directamente o recurso

contencioso-administrativo no prazo de dous meses perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Santiago de Compostela, 12 de setembro de 2001.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO

Provincia: Pontevedra.

Concello: Vigo.

Localidade: Vigo.

Enderezo: Baixada a San Xoán, 167.

Código do centro: 36024057.

Denominación: Bouza Brey.

Titular: Sociedad Cooperativa Bouza Brey.

Composición resultante:

a) Educación infantil: 3 unidades.

b) Educación primaria: 6 unidades.

c) Educación secundaria obrigatoria: 4 unidades.

d) Bacharelato: 2 unidades da modalidade de ciencias da natureza e da saúde e 2 unidades da modalidade de humanidades e ciencias sociais.