Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 182 Mércores, 19 de setembro de 2001 Páx. 12.483

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno, en sesión realizada o día 24 de agosto de 2001, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Primeiro.-Desestima-la alegación presentada pola asociación de veciños Uxío Carré de Eirís o día 26 de xuño nº 71752/2001 con base no informe emitido.

Segundo.-Aprobar definitivamente o proxecto de urbanización para o desenvolvemento do Plan parcial sector 6 parque de Eirís coa condición que a empresa CIISA, Consulting Ingeniería Internacional, S.A., introduza as correccións que figuran no texto deste acordo.

A eficacia deste acto de aprobación definitiva queda supeditada á presentación do documento refundido no que se prevexan as observacións formuladas,

que deberá ser conformado polos técnicos municipais. No suposto de que a introducción das correccións altere o orzamento de execución por contrata isto terase en consideración na conta de liquidación definitiva do proxecto de reparcelamento.

Terceiro.-Notifica-la empresa CIISA, Consulting Ingeniería Internacional, S.A.

Cuarto.-Contra o anterior acordo cabe interpor recurso contencioso-administrativo perante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte a aquel no que se practicou a notificación, aínda que previamente, e con carácter potestativo, cabe interpor recurso de reposición perante o propio órgano que dictou o acordo no prazo dun mes. Neste caso, contra a desestimación do recurso de reposición o prazo para interpo-lo contencioso-administrativo será de dous meses contados a partir do día seguinte ó da notificación ou, noutro caso, o de seis meses contados a partir da desestimación presunta, que se entenderá producida polo transcurso dun mes desde a interposición do recurso de reposición.

O que se publica para xeral coñecemento e para produci-los efectos previstos no presente acordo.

A Coruña, 11 de setembro de 2001.

Salvador Fernández Moreda

Concelleiro delegado de Urbanismo