Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 182 Mércores, 19 de setembro de 2001 Páx. 12.479

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

CÉDULA do 13 de agosto de 2001, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se notifica a Resolución do 13 de agosto de 2001 dictada no expediente sancionador AC-35/2001, por infracción leve en materia de turismo.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE nº 12, do 14 de xaneiro), notifícaselle á sociedade que a seguir se relaciona, a resolución da Delegación da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo da Coruña dictada no expediente sancionador en materia de turismo número AC-35/2001, incoado á sociedade titular do establecemento de café bar denominado Generaciones, situado na praza de Cervantes nº 21, do concello de Santiago de Compostela (A Coruña), xa que intentada polos medios habituais non puido practicarse.

Esta resolución non esgota a vía administrativa e contra ela os interesados poderán interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro de Cultura, Comunicación Social e Turismo no prazo dun (1) mes desde o día seguinte ó da súa publicación, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro que estimen oportuno.

De non presentar recurso no devantido prazo, a sanción devirá firme e executiva, e poderá facerse efectiva en período voluntario no subseguinte prazo de quince (15) días hábiles, mediante transferencia bancaria a favor do Tesouro da Facenda Galega, conta restrinxida de recadación de multas e sancións, da Delegación Provincial da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo da Coruña. De non efectuarse o ingreso no citado prazo, procederase á súa exacción por vía executiva, segundo o disposto pola Orde do 22 de maio de 1987, da Consellería de Economía e Facenda (DOG do 3 de xuño).

Expediente: AC-35/2001.

Denunciado: Codex Calixtinus, S.L.

Establecemento: café bar Generaciones.

Enderezo: praza de Cervantes, nº 21.

Localidade: Santiago de Compostela.

Precepto infrinxido: artigo 86.3º da Lei 9/1997.

Resolución: 13 de agosto de 2001.

Sanción: vinte mil (20.000) pesetas.

A Coruña, 13 de agosto de 2001.

Isabel García Vila

Delegada provincial da Coruña