Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 182 Mércores, 19 de setembro de 2001 Páx. 12.478

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 3 de setembro de 2001, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa das instalacións do parque eólico de GOA para os efectos de presentación de proxectos en competencia. (Expediente 087-EOL).

De conformidade co disposto no artigo 11 do Decreto 205/1995, do 6 de xullo, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia, someto a información pública a solicitude de autorización administrativa das instalacións do parque eólico de GOA coas seguintes características:

Peticionario: Eurovento, S.L. Unipersonal. Varsovia, 4-C, 5ª planta, Área Central, 15707 Santiago de Compostela.

Situación: concellos de Viveiro e o Vicedo (Lugo).

Localización (coordenadas poligonais en unidades UTM):

V (0.609.000,00; 4.838.000,00), V (0.609.000,00; 4.836.000,00)

V (0.607.800,00; 4.836.000,00), V (0.606.990,00; 4.838.000,00)

Superficie afectada: 320,95 ha.

Potencia bruta: 6,5 MW.

As entidades públicas ou privadas interesadas poderán presentar solicitudes en competencia durante o prazo de 20 días contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución, mediante o procedemento establecido no artigo 10 do citado Decreto 205/1995, do 6 de xullo, que regula o aproveitamento da enerxía eólica en Galicia.

Lugo, 3 de setembro de 2001.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo