Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 182 Mércores, 19 de setembro de 2001 Páx. 12.476

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 1 de agosto de 2001, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se anuncia o levantamento das actas previas á ocupación de bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica que se cita. (Expediente 290/2000).

Outorgada a declaración de utilidade pública que leva implícita a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados polas instalacións da liña eléctrica aérea a 20 kV, centro de transformación e rede de baixa tensión no lugar de Gundille, no termo municipal de Trazo (expediente nº 290/2000), por resolución desta delegación provincial, do 18 de abril de 2001, a favor da entidade beneficiaria Unión Fenosa Distribución, S.A. con domicilio na avda. de Arteixo, nº 171, 15007 da Coruña.

Esta delegación acorda sinala-lo día 4 de outubro de 2001 para o levantamento das actas previas á ocupación, de conformidade cos artigos 52 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954 e 56 do seu Regulamento do 26 de abril de 1957, nas que se describirán os bens ou dereitos expropiables e de imposición de servidume de paso de

enerxía eléctrica, contidos na relación de predios que se expón xunto con esta resolución no taboleiro de edictos do Concello de Trazo, deducida da que se someteu a información pública no DOG, BOP e no xornal El Ideal Gallego de datas 26-1-2001, 4-1-2001 e 27-12-2000, respectivamente; acto ó que deberán concorre-los propietarios propostos dos predios afectados, ós que se lles practicará notificación individual sinalándoselle-los horarios de toma de datos sobre o terreo e do levantamento efectivo das actas nas oficinas da referida casa do concello.

Esta publicación realizarase igualmente para os efectos do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos ou se ignore o lugar de notificación; e así dirixir ó Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan destes, de conformidade co artigo 5 da citada Lei de expropiación forzosa.

A Coruña, 1 de agosto de 2001.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña