Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 181 Martes, 18 de setembro de 2001 Páx. 12.451

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO de contratación por poxa aberta da execución das obras do proxecto de mellora de saneamento da rúa Pi y Margall en Vigo.

1. Entidade adxudicadora. Organismo: Concello de Vigo, dependencia: Vías e Obras, nº de expediente: 36106/250.

2. Obxecto do contrato. Descrición: execución das obras do proxecto de mellora de saneamento da rúa Pi y Margall en Vigo.

Lotes: non.

Lugar de execución: Vigo (Pontevedra).

Prazo de execución: 6 meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

Forma: poxa.

4. Orzamento base: 44.940.870 pesetas (270.100,07 euros).

5. Garantías provisionais: non se esixen.

6. Obtención de documentación e información: rexistro xeral do Concello de Vigo, pz. do Rei, s/n, 36202 Vigo, teléfono: 986 81 01 48, fax: 986 81 02 40.

Data límite para solicitar documentación: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista: clasificación: grupo E, subgrupo 1, categoría d.

Outros requisitos:

8. Presentación de ofertas: prazo: 26 días naturais seguintes ó da publicación do derradeiro anuncio de licitación no BOP e DOG.

Documentación: a esixida na cláusula 12 do prego de condicións.

Lugar de presentación: véxase punto 6 do anuncio.

Prazo da obriga de mante-la oferta: 20 días contados desde o día da apertura de proposicións.

9. Apertura de ofertas: entidade, domicilio e localidade: véxase punto 6 do anuncio.

Data e hora: 10 horas do primeiro martes seguinte ó da data de finalización do prazo de presentación de proposicións.

10. Outras informacións:

11. Gastos dos anuncios: pagarao o adxudicatario.

Vigo, 6 de setembro de 2001.

Lois Pérez Castrillo

Alcalde