1. Entidade adxudicadora. Organismo: Concello de Vigo, dependencia: Vías e Obras, nº de expediente: 14157/240.
2. Obxecto do contrato. Descrición: execución das obras do proxecto de mellora de pavimento de camiños do concello de Vigo.
Lotes: si, tres.
Lugar de execución: Vigo (Pontevedra).
Prazo de execución: un mes para cada un dos lotes.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.
Tramitación: ordinaria.
Procedemento: urxente.
Forma: poxa.
4. Orzamento base: lote 1: 11.536.000 pesetas (69.332,76 euros); lote 2: 8.500.000 pesetas (51.086,03 euros) e lote 3: 12.360.000 pesetas (74.285,09 euros).
5. Garantías provisionais: non se esixen.
6. Obtención de documentación e información: rexistro xeral do Concello de Vigo, pz. do Rei, s/n, 36202 Vigo, teléfono: 986 81 01 48, fax: 986 81 02 40.
Data límite para solicitar documentación: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.
7. Requisitos específicos do contratista: clasificación: non se esixe.
Outros requisitos:
8. Presentación de ofertas: prazo: 13 días naturais seguintes ó da publicación do derradeiro anuncio de licitación no BOP e DOG.
Documentación: a esixida na cláusula 12 do prego de condicións.
Lugar de presentación: véxase punto 6 do anuncio.
Prazo da obriga de mante-la oferta: 20 días contados desde o día da apertura de proposicións.
9. Apertura de ofertas: entidade, domicilio e localidade: véxase punto 6 do anuncio.
Data e hora: 10 horas do primeiro martes seguinte ó da data de finalización do prazo de presentación de proposicións.
10. Outras informacións:
11. Gastos dos anuncios: pagarao o adxudicatario.
Vigo, 6 de setembro de 2001.
Lois Pérez Castrillo
Alcalde