1. Entidade adxudicadora. Organismo: Concello de Vigo, dependencia: Vías e Obras, nº de expediente: 32107/250.
2. Obxecto do contrato. Descrición: execución das obras do proxecto de renovación de abastecemento na avenida da Florida en Vigo.
Lotes: non.
Lugar de execución: Vigo (Pontevedra).
Prazo de execución: 4 meses.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.
Tramitación: ordinaria.
Procedemento: aberto.
Forma: poxa.
4. Orzamento base: 13.692.657 pesetas (82.294,53 euros).
5. Garantías provisionais: non se esixen.
6. Obtención de documentación e información: rexistro xeral do Concello de Vigo, pz. do Rei, s/n, 36202 Vigo, teléfono: 986 81 01 48, fax: 986 81 02 40.
Data límite para solicitar documentación: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.
7. Requisitos específicos do contratista: clasificación: non se esixe.
Outros requisitos:
8. Presentación de ofertas: prazo: 26 días naturais seguintes ó da publicación do derradeiro anuncio de licitación no BOP e DOG.
Documentación: a esixida na cláusula 12 do prego de condicións.
Lugar de presentación: véxase punto 6 do anuncio.
Prazo da obriga de mante-la oferta: 20 días contados desde o día da apertura de proposicións.
9. Apertura de ofertas: entidade, domicilio e localidade: véxase punto 6 do anuncio.
Data e hora: 10 horas do primeiro martes seguinte ó da data de finalización do prazo de presentación de proposicións.
10. Outras informacións:
11. Gastos dos anuncios: pagarao o adxudicatario.
Vigo, 6 de setembro de 2001.
Lois Pérez Castrillo
Alcalde