Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 181 Martes, 18 de setembro de 2001 Páx. 12.447

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO de concurso aberto para a contratación da prestación do servicio para a execución de traballos administrativos no Servicio de Medio Ambiente do Concello de Vigo.

1. Entidade adxudicadora. Organismo: Concello de Vigo, dependencia: Medio Ambiente, nº de expediente: 535/406.

2. Obxecto do contrato. Descrición: traballos de mecanografado e arquivo de expedientes de contaminación acústica.

Lugar de execución: Vigo (Pontevedra).

Prazo: un ano.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

4. Orzamento: 4.900.000 pesetas (29.449,59 euros).

5. Garantías provisionais: non se esixen.

6. Obtención de documentación e información: rexistro xeral do Concello de Vigo, pz. do Rei, s/n, 36202 Vigo, teléfono: 986 81 01 48, fax: 986 81 02 40.

Data límite para solicitar documentación: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista: clasificación: non se esixe.

Outros requisitos:

8. Presentación de ofertas: prazo: 15 días naturais seguintes ó da publicación do derradeiro anuncio de licitación no BOP e DOG.

Documentación: a esixida na cláusula 10 do prego de condicións administrativas.

Lugar de presentación: véxase punto 6 do anuncio.

Prazo da obriga de mante-la oferta: 3 meses contados desde o día da apertura de proposicións.

Variantes: non se admiten.

9. Apertura de ofertas: entidade, domicilio e localidade: véxase punto 6 do anuncio.

Data e hora: 10 horas do primeiro martes seguinte ó da data de finalización do prazo de presentación de proposicións.

10. Outras informacións:

11. Gastos dos anuncios: pagarao o adxudicatario.

Vigo, 23 de agosto de 2001.

Xabier Toba Girón

Alcalde en funcións