Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 181 Martes, 18 de setembro de 2001 Páx. 12.438

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 22 de agosto de 2001, da Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña, pola que se anuncian concursos de subministracións sucesivas, polo procedemento aberto, para a subministración de batas e mascarillas e de protectores. (C. 33 e 37/2001).

O director xerente do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña, en virtude das competencias que ten atribuídas na Orde da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais do 21 de abril de 1998 (DOG nº 88, do 11 de maio), sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servicio Galego de Saúde, no seu artigo 7, modificada pola Orde de 23 de marzo de 2000 (DOG nº 104, do 30 de maio), e coa autorización expresa prevista nesa mesma norma, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anuncia-la licitación que a continuación se cita:

1. Nome, enderezo, números de teléfono, telégrafo, télex e telefax do órgano de contratación: Servicio de Contratación do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña. Planta terceira do hotel de pacientes (anexo ó Hospital Juan Canalejo). As Xubias de Arriba, 84, 15006 A Coruña. Teléfono: 981 17 80 73. Telefax: 981 17 80 32.

2. a) Modalidade da adxudicación elixida: aberta.

b) Forma do contrato que é obxecto da licitación: concursos de subministración sucesivos.

3. a) Lugar de entrega: Hospital Juan Canalejo (A Coruña).

b) Natureza e cantidade dos productos que se van subministrar: número da referencia da CPA (clasificación estatística dos productos por actividades):

Subministración de batas e máscaras. C. 33/2001.

Orzamento total: 71.848.800 pesetas, 431.820 euros.

c) Indicacións relativas á posibilidade de que os provedores presenten propostas para determinadas

partes das subministracións requiridas: existen 9 lotes (ver prego de prescricións técnicas).

Lote nº 1: bata alto risco imperm. Mediana e grande.

Lote nº 2: bata verde dun só uso. Estéril.

Lote nº 3: bata verde dun só uso. Non estéril.

Lote nº 4: máscara cirúrx. Alto risco.

Lote nº 5: máscara cirúrxica bozal.

Lote nº 6: máscara dun só uso branca.

Lote nº 7: calza dun só uso.

Lote nº 8: gorro cirurxán.

Lote nº 9: gorro enfermeira e paciente.

Subministración de protectores. C. 37/2001.

Orzamento total: 50.133.200 pesetas 301.306,60 euros.

c) Indicacións relativas á posibilidade de que os provedores presenten propostas para determinadas partes das subministracións requiridas: existen 15 lotes (ver prego de prescricións técnicas).

Lote nº 1: funda mesa Mayo.

Lote nº 2: hule estéril 100x150.

Lote nº 3: saba dun só uso. P/artroscopia.

Lote nº 4: bolsa illamento 49x49.

Lote nº 5: bolsa instrumental.

Lote nº 6: bolsa p/Bisturí.

Lote nº 7: funda intensificador 125cmx125cm.

Lote nº 8: funda intensificador 85cmx85cm.

Lote nº 9: funda estéril para tubo RX 100x100cm.

Lote nº 10: funda cámara de artroscopia.

Lote nº 11: parafilm.

Lote nº 12: film p/cubre 60 Mts 4770.

Lote nº 13: preservativo.

Lote nº 14: pulseira con argolas.

Lote nº 15: protect. Cóbado/Talón antiescaras.

4. Prazo de entrega: ver prego de cláusulas administrativas.

5. a) Nome e enderezo do servicio onde poden ser solicitados o prego de condicións e os documentos complementarios: Servicio de Contratación do Hospital Juan Canalejo, (planta terceira do edificio do hotel de pacientes, anexo ó Hospital Juan Canalejo). As Xubias de Arriba, 84, 15006 A Coruña, en días laborables desde as 9 as 14 horas. Teléfono: 981 17 80 73. Fax: 981 17 80 32, ou a través da páxina web do Sergas: http://www.sergas.es.

b) Data límite para efectua-la dita solicitude: 27 de setembro de 2001.

c) Se é o caso, importe e modalidade de pagamento da suma que deba aboarse para obte-los ditos documentos: ningún.

6. a) Data límite de recepción das propostas: 3 de outubro de 2001.

b) Enderezo ó que deben enviarse: rexistro xeral do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña. Planta baixa do Hospital Juan Canalejo. As Xubias de Arriba, 84, 15006 A Coruña.

c) Lingua o linguas nas que deban redactarse: galego o castelán.

7. a) Persoas admitidas para asistir á apertura das ofertas: apertura en acto público.

b) Data, hora e lugar da dita apertura: sala de xuntas da Xerencia do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña. Pranta baixa do hotel de pacientes (anexo ó Hospital Juan Canalejo). Xubias de Arriba, 84, 15006 A Coruña, ás 10 horas do décimo primeiro día natural contado a partir do último día no que termine o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura de proposicións terá lugar o primeiro día hábil seguinte.

8. Garantías esixidas: provisional do 2% do orzamento. Definitiva do 4% do orzamento de adxudicación.

9. Modalidades básicas de financiamento e pagamento e/ou referencias a textos que as regulan: aboamentos en conta mediante transferencia, con periodicidade mensual.

10. Se é o caso, forma xurídica que deberá adopta-la unión das empresas adxudicataria da contratación: unión temporal das empresas.

11. Datos referentes á situación do provedor e datos e formalidades necesarios para a avaliación das condicións de carácter económico e técnico que deba reuni-lo provedor: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

12. Prazo durante o que o licitador está obrigado a mante-la súa oferta: tres meses desde a data da apertura das proposicións económicas.

13. Criterios que se empregan para a adxudicación do contrato: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

14. Se é o caso, prohibición das variantes: non se admite a presentación de variantes.

15. Información complementaria: Servicio de Contratación do Complexo Hospitalario Juan Canalejo.

16. Data de publicación no Diario Oficial das Comunidades Europeas do anuncio de información previa ou mención da súa non publicación: 7-11-2000.

17. Data de envío do anuncio: 28 de agosto de 2001.

18. Data da recepción do anuncio pola Oficina de Publicacións Oficiais das Comunidades Europeas (reservado a OPOCE).

A Coruña, 22 de agosto de 2001.

Teresa Araguas Álvarez

Directora xerente en funcións do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña