Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 181 Martes, 18 de setembro de 2001 Páx. 12.423

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 12 de setembro de 2001 pola que se anuncia a licitación, mediante tramitación urxente con procedemento aberto e forma de adxudicación de concurso público, do contrato privado de seguro (póliza) de accidentes deportivos e asistencia sanitaria.

Aprobado o expediente de contratación que de seguido se identifica, mediante resolución do día da data, procédese agora a efectua-lo anuncio de licitación del.

A presente resolución constitúe acto de trámite para os efectos do parágrafo segundo do artigo 107, da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

1. Entidade adxudicadora.

A Xunta de Galicia por medio da súa Secretaría Xeral para o Deporte.

2. Obxecto do contrato.

Contrato privado de seguro (póliza) que terá por obxecto garanti-la asistencia sanitaria no caso de accidente deportivo motivado polo feito ou con ocasión do exercicio da actividade deportiva e as indemnizacións por perdas anatómicas ou funcionais.

a) Período de vixencia: do 1 de outubro de 2001 ata o 15 de setembro de 2002, ámbolos dous inclusive.

b) Orzamento de licitación: vinte millóns duascentas oitenta e unha mil cincocentas trinta e seis pesetas (20.281.536 pesetas), co detalle por anualidades consignado no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Prima individual anual e máxima: trescentas oitenta e oito pesetas (388 pesetas).

d) Número aproximado do colectivo que hai que asegurar: cincuenta e dous mil douscentos setenta e dous (52.272) deportistas.

3. Requisitos do asegurador.

a) A acreditación da solvencia técnica ou profesional:

Mediante os documentos e medios de proba que enumera o artigo 19 do texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas aprobado polo Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño (BOE do 21 de xuño).

Sinaladamente, o licitador xuntará cadro dos servicios médicos hospitalarios e extrahospitalarios cos

que conta para a prestación dos servicios de asistencia sanitaria ós que se refire o obxecto, parcial, do contrato que se pretende.

b) Outros requisitos: tódolos consignados no prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Garantía provisional e definitiva.

Prestarase en calquera das formas admisibles, por importe do 2% do orzamento de licitación (405.631 pesetas), e posteriormente garantía definitiva por un importe do 4% do orzamento de adxudicación.

5. Obtención de documentación e información.

No servicio de Coordinación Deportiva da Secretaría Xeral para o Deporte. (Estadio Multiusos de San Lázaro, s/n. Santiago de Compostela. Teléfono: 981 54 26 19. Fax: 981 54 26 38).

6. Presentación de ofertas.

a) Data límite: ás 14 horas do oitavo (8) día natural posterior á publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que se presentará: a requirida polo prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: o rexistro de documentos da Secretaría Xeral para o Deporte (Estadio Multiusos. San Lázaro. 15890 Santiago de Compostela. Fax: 981 54 26 38), ou no xeral da Xunta de Galicia (edificios administrativos de San Caetano. Santiago de Compostela), ou de acordo cos procedementos previstos no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

d) Admisión de variantes: non admisibles.

7. Apertura de ofertas.

Levarase a cabo ás 9.30 horas do seguinte día hábil ó de remate do prazo de presentación de ofertas, que non sexa sábado, na sala de xuntas da Secretaría Xeral para o Deporte (Estadio Multiusos, San Lázaro, 15890 Santiago de Compostela).

8. Gastos de anuncios.

Será por conta do adxudicatario o custo da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia e, se é o caso, da inserción do seu extracto nos medios de comunicación escrita.

Santiago de Compostela, 12 de setembro de 2001.

P.D. (Orde 22-2-1999)

Eduardo Lamas Sánchez

Secretario xeral para o Deporte