Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 180 Luns, 17 de setembro de 2001 Páx. 12.396

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

CONSORCIO CONTRAINCENDIOS DEZA E TABEIRÓS-TERRA DE MONTES

ANUNCIO de concurso, con procedemento aberto, para a subministración dun vehículo contra incendios de primeira intervención.

Obxecto: subministración dun vehículo contra incendios de primeira intervención.

Tipo de licitación: 6.000.000 de pesetas incluído IVE, imposto incluídos e matriculado.

Dependencia onde está de manifesto o expediente: oficinas xerais.

Clasificación do contratista: non se esixe.

Lugar e prazo de presentación de proposicións: no rexistro xeral do Concello de Silleda, dentro do prazo de quince días naturais, contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no BOP e no DOG, en horas de nove a catorce.

Apertura de plicas: será pública e terá lugar na casa do concello ás catorce horas do día seguinte hábil ó día en que remate o prazo de presentación de proposicións.

Fianza provisional: non se esixe.

Fianza definitiva: 4% do prezo de adxudicación.

Obtención dos pregos de cláusulas administrativas que rexe este contrato: os pregos de cláusulas administrativas e técnicas, modelo de proposición e demais documentación están á disposición dos interesados tódolos días laborables, durante o prazo de presentación de proposicións en horario de 9 a 13 horas nas oficinas xerais do Concello de Silleda.

Os gastos de inserción de anuncios e tódolos que ocasione o expediente serán por conta dos adxudicatarios.

Silleda, 3 de setembro de 2001.

O presidente do consorcio

Rubricado