Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.
Denominación: recuamento L.M.T.A. na estrada de Catabois.
Situación: Ferrol.
Descricións técnicas: recuamento da liña aérea L.M.T. subterránea nun percorrido de 315 metros, a 20 kV, desde a subestación de Santa Mariña ata as inmediacións do C.T. Porta de Neira, en dobre circuíto, en conductor R.H.V. 12/20 kV e 240 mm Al, no concello de Ferrol.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico (BOE nº 285), e no título VII, capítulo II, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta delegación provincial resolve:
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.
As instalacións executaranse nun prazo non superior a seis meses, contados a partir da data desta resolución.
Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que se estime pertinente.
A Coruña, 1 de agosto de 2001.
Manuel Estévez Mengotti
Delegado provincial da Coruña en funcións