Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 180 Luns, 17 de setembro de 2001 Páx. 12.382

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 1 de agosto de 2001, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se sinala data para os pagamentos do prezo xusto por expropiación e imposición de servidumes de paso das instalacións eléctricas que se citan. (Expediente 165 e 167/1995).

De conformidad co disposto nos artigos 48.1º da Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954, de 48.2º, 49, 50 e 51 do seu Regulamento do 26 de abril de 1957, esta delegación acorda sinala-lo día 2 de outubro de 2001, para que o pagador da entidade beneficiaria Unión Fenosa Distribución, S.A., proceda ós pagamentos dos prezos xustos e xuros, por expropiación e imposición de servidumes de paso das instalacións eléctricas que se describen, ós interesados propostos pola citada empresa como titulares dos predios que se relacionan, ós que se lles dirixirá notificación individual para o efecto.

Expediente 165/1995.

Liña a 15/20 kV, C.T. e R.B.T. no lugar dos Covelos, dos predios números 3; 7; 10; e 20; ás 11 horas, no Concello das Pontes de García Rodríguez.

Expediente 167/1995.

Liña a 15/20 kV, C.T. e R.B.T. no lugar da Fraga, dos predios números 9; e 16 ás 13 horas, no Concello de Narón.

Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas

e do procedemento administrativo común, cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos ou se ignore o lugar de notificación; e así dirixir ó Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan destes, de conformidade co artigo 5 da citada Lei de expropiación forzosa.

A Coruña, 1 de agosto de 2001.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña