Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 180 Luns, 17 de setembro de 2001 Páx. 12.381

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 30 de xullo de 2001, da Delegación Provincial da Coruña, polo que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 341/2001).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171 15007 (A Coruña).

Denominación: recuamento do C.T. Porto.

Situación: Santiago de Compostela.

Descricións técnicas: liña eléctrica aérea de media tensión a 20 kV sobre apoios metálicos e de formigón, de 35 m de lonxitude, co orixe en apoio metálico de liña que pasa por inmediacións do C.T. Porto, que cambia de lugar e final novo emprazamento C.T. Porto. Centro de transformación tipo intemperie, sobre apoio de formigón, de 100 kVA, e tensións de 20/0,380-0,220 kV, en Porto. Concello de Santiago de Compostela.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examina-lo expediente e presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.

A Coruña, 30 de xullo de 2001.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña