Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 180 Luns, 17 de setembro de 2001 Páx. 12.380

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 10 de setembro de 2001 pola que se anuncia, polo sistema de concurso de procedemento aberto, a contratación do servicio de limpeza do Centro Residencial Docente (CRD) e IESP de Ourense, dependentes desta consellería. (Expediente 4/2001 SE).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

b) Dependencia que tramita o expediente: Subdirección Xeral de Construccións e Equipamento. Servicio de Contratación e Equipamento.

c) Número de expediente: 4/2001 SE.

2. Obxecto de contrato.

a) Descrición do obxecto: contratación do servicio de limpeza do Centro Residencial Docente (CRD) e IESP de Ourense dependentes desta consellería.

b) Lugar de entrega: Centro Residencial Docente (CRD) e IESP de Ourense.

c) Prazo de execución: do 1 de outubro do 2001 ó 31 de marzo de 2002.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 38.497.200 pesetas.

5. Garantías.

Provisional: 2% do importe de licitación.

6. Obtención de documentación e información.

6.1. Información:

a) Entidade: Oficina de Información da Consellería de Educación e O.U.

b) Domicilio: edificio San Caetano, s/n. Santiago de Compostela.

6.2. Adquisición de pregos:

a) Teléfono: 981 59 07 11.

b) Domicilio: r/ Nova de Abaixo, 19-Santiago de Compostela.

c) Así mesmo, poderanse obte-los pregos relativos a esta contratación na seguinte dirección da Internet: http://www.xunta.es/contratacion/resultado.asp?N=733.

7. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: o oitavo día contado desde o día seguinte ó da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia, ás 14 horas.

b) Documentación que hai que presentar: a sinalada no punto 9 do prego tipo de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1. Entidade: rexistro xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria ou por correo.

2. Domicilio: edificio administrativo San Caetano, s/n.

3. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15704.

8. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

b) Domicilio: edificio administrativo San Caetano, s/n.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data e hora: o terceiro día hábil contado desde o día seguinte ó da finalización do prazo para presentar ofertas, ás 12 horas.

9. Gastos de anuncios.

Por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 10 de setembro de 2001.

Máximo García Serrano

Secretario xeral da Consellería de Educación

e Ordenación Universitaria