Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 180 Luns, 17 de setembro de 2001 Páx. 12.373

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 7 de setembro de 2001, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se lle dá publicidade á corrección de erros nas listas reguladas no Decreto 89/1997, do 10 de abril, relativas á categoría 31 do grupo I (titulado superior formación ocupacional) (lista B) publicada por Resolución do 19 de xuño de 2001.

Advertidos erros materiais nas listas reguladas no Decreto 89/1997, do 10 de abril, relativas á categoría 31 do grupo I (titulado superior formación ocupacional) (lista B) publicada por Resolución do 19 de xuño de 2001, esta dirección xeral en aplicación do establecido no artigo 105-2º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común,

RESOLVE:

Publica-la rectificación dos erros materiais indicados no sentido de:

Incluír a Mª Carmen Laiño Mayo, con DNI 33.280.125, no ámbito xeográfico D0000 co número de orde 9, no ámbito xeográfico D1500 co

número de orde 8, no ámbito xeográfico D3600 co número de orde 5, en todo eles cunha puntuación de 4,050 puntos.

En consecuencia, varíase correlativamente a orde de prelación dos solicitantes posteriores na lista correspondente.

Santiago de Compostela, 7 de setembro de 2001.

Joaquín López-Rúa Soler

Director xeral da Función Pública