Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 179 Venres, 14 de setembro de 2001 Páx. 12.339

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VILARDEVÓS

ANUNCIO de licitación.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Vilardevós.

Expediente: 150/2001, da obra de construcción de local social en Arzoá-Feilas-Rexosende correspondente ó Plan Operativo Local (POL) 2001.

2. Forma de adxudicación: concurso, polo procedemento aberto e tramitación urxente, orzamento: 12.757.000 pesetas (76.671,11 euros), IVE incluído.

3. Garantía provisional: 255.140 pesetas (1.533,42 euros).

4. Presentación das proposicións: no rexistro xeral do Concello de Vilardevós, en horario das 9 ás 14 horas, no prazo de trece días naturais contados a partir do día seguinte ó da última publicación no BOP ou no Diario Oficial de Galicia (se o último día coincidise en sábado ou festivo, trasladarase ó primeiro día hábil seguinte).

Vilardevós, 4 de setembro de 2001.

José Luis Pérez García

Alcalde