Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 179 Venres, 14 de setembro de 2001 Páx. 12.337

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE TOMIÑO

ANUNCIO de licitación.

Aprobados polo alcalde deste concello os proxectos técnicos e os pregos de condicións económico-administrativas que rexerán nos concursos, por procedemento aberto (tramitación urxente), das obras incluídas no POL/2001 que no punto 2 se indican, expóñense ó público polo prazo dos oito días naturais seguintes ó da derradeira publicación deste anuncio no DOG e no BOP. Simultaneamente anúnciase os concursos para a presentación de propostas, podendo aprazarse as licitacións no caso de que se formulen reclamacións contra os proxectos ou os pregos.

1. Entidade adxudicadora: Organismo: Alcaldía. Dependencia: Secretaría.

2. Obxecto, prezo e prazo de execución. Descrición e prezo:

Nº 131. Saneamento e sumidoiros na praza Calvo Sotelo e saneamento estrada acceso igrexa de Tomiño: 16.505.688 pesetas (non se admiten baixas).

Nº 132. Saneamento avda. Ordóñez desde C-550 ata avda. do Regatiño e praza Pintor Antonio Fernández: 11.596.641 pesetas (non se admiten baixas).

Prazo de execución: obra nº 131: 3 meses. Obra nº 132: 2 meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación: tramitación: urxente. Procedemento: aberto. Forma: concurso.

4. Fianzas. Obra nº 131: provisional: non se esixe. Definitiva: 660.228 pesetas.

Obra nº 132: provisional: non se esixe. Definitiva: 463.866 pesetas.

5. Obtención da documentación e información: secretaría do concello, praza de Calvo Sotelo, 36740 Tomiño; teléfono: 986 62 20 01; fax: 986 62 25 30, ata o día anterior ó do remate de presentación de proposicións.

6. Requisitos específicos dos contratistas. Clasificación: G-6-c para as dúas obras. E os restantes requisitos e criterios de selección especificados nos respectivos pregos.

7. Presentación das ofertas. Prazo: 13 días naturais seguintes á publicación do derradeiro anuncio de licitación no BOP e no DOG. Documentación: a esixida no prego. Lugar de presentación: rexistro xeral do Concello de Tomiño, das 9 ás 14 (luns a venres) e de 11 a 13 horas os sábados.

8. Apertura das ofertas: pola mesa de contratación e de conformidade co establecido nos pregos.

9. Gastos dos anuncios: por conta dos adxudicatarios.

Tomiño, 6 de setembro de 2001.

P.O.

Roberto Miranda Álvarez

Concelleiro de Obras e Medio Ambiente