Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 179 Venres, 14 de setembro de 2001 Páx. 12.337

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANXENXO

ANUNCIO.

Anuncio de aprobación inicial da modificación puntual das normas subsidiarias de planeamento para regulación urbanística na avda. de León, subida a Miraflores-Sanxenxo.

A Corporación Municipal deste concello, en sesión do trinta e un de xullo de dous mil un, acordou prestar aprobación inicial ó expediente de modificación puntual das normas subsidiarias de planeamento do municipio, para regulación urbanística na avda. de León, subida a Miraflores-Sanxenxo.

Exponse o expediente á información pública durante o prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da inserción deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, co obxecto de que as persoas que se consideren prexudicadas ou afectadas poidan formula-las alegacións que consideren procedentes.

Sanxenxo, 10 de agosto de 2001.

Telmo Martín González

Alcalde