Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 179 Venres, 14 de setembro de 2001 Páx. 12.331

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 4 de setembro de 2001, da Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela, pola que se anuncia concurso público para a contratación da subministración sucesiva de sobremesas para o Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela, mediante procedemento aberto e ordinario. (Expediente 65/2001).

A Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido na Orde do 21 de abril de 1998, modificada pola Orde do 23 de marzo de 2000, ámbalas dúas da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, unha vez cubertos os trámites administrativos correspondentes, resolve convoca-lo seguinte concurso público:

1. Obxecto: subministración sucesiva de sobremesas, estructurada en cinco lotes:

Lote 1: iogur.

Lote 2: derivados lácteos.

Lote 3: derivados de froitas.

Lote 4: marmelada dietética en porción.

Lote 5: outros.

2. Orzamento estimado: 21.496.804 pesetas (vinteún millóns, catrocentas noventa e seis mil, oitocentas catro pesetas), IVE incluído.

129.198,39 euros (cento vintenove mil cento noventa e oito euros, con trinta e nove céntimos).

3. Garantías.

a) Provisional: 2% do orzamento de licitación (429.936 pesetas, 2.583,97 euros).

b) Definitiva: 4% do orzamento de licitación (859.872 pesetas, 5.167,93 euros).

Constituiranse segundo o disposto nos artigos 35 e 36, respectivamente, do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

4. Forma de adxudicación: concurso público. Procedemento aberto e ordinario.

5. Prazo de execución: catorce meses, desde o 1 de novembro de 2001 ou desde a data de sinatura do contrato, se fose posterior. Este contrato admite prórroga (cláusula 2.3.2 do prego tipo de cláusulas administrativas particulares).

6. Admisión de variantes: non se admitirá a presentación de variantes.

7. Solvencia económica e financeira: acreditación libre atendendo ós criterios do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

8. Solvencia técnica: acreditación libre atendendo ós criterios do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

9. Criterios de adxudicación:

1. Oferta económica: ata 50 puntos.

2. Calidade dos materiais: ata 40 puntos.

3. Servicio técnico da subministración: ata 10 puntos.

10. Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria pode ser solicitada no Departamento de Contratación Administrativa do Hospital Clínico Universitario de Santiago de Composela, A Choupana s/n, 15706 Santiago de Compostela, en días laborais desde as 9 ata as 14 horas.

11. Clasificación: non se esixe.

12. Presentación de proposicións: as proposicións deberán presentarse en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral do Hospital Clínico Universitario de Santiago de Compostela, antes das 14 horas do décimo quinto día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, ou por correo no xeito indicado no prego de cláusulas administrativas particulares. No caso de que o último día coincida en sábado ou festivo, o prazo de presentación finalizará o seguinte día hábil.

13. Apertura de proposicións: a apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas do Hospital Clínico Universitario de Santiago de Compostela ás 10 horas do décimo sexto día natural contado a partir do seguinte a aquel no que finalice o prazo de presentación de ofertas; en caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o primeiro día hábil seguinte.

14. Documentación que deberán achega-los licitadores: a documentación que figura no prego de cláusulas administrativas particulares.

15. Anuncios: os anuncios do presente concurso público serán por conta do adxudicatario do contrato.

Santiago de Compostela, 4 de setembro de 2001.

Jordi Riba i Hibernón

Xerente xeral do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela