Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e a apro
bación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: UDESA.
Domicilio social: r/ Madrid, 1 (As Fontiñas), 15707, Santiago de Compostela.
Denominación: L.M.T. ó C.T. de Pedrouzo.
Situación: O Pino.
Descricións técnicas: liña eléctrica aérea de media tensión, a 15/20 kV, sobre apoios metálicos e de formigón, en conductor LA-30, de 1.070 m de lonxitude, con orixe na liña existente ó seu paso polas inmediacións de Pazos e final no C.T. Pedrouzo. Concello do Pino.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examina-lo expediente e presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.
A Coruña, 27 de xullo de 2001.
Jesús Espada Martínez
Delegado provincial da Coruña