Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 179 Venres, 14 de setembro de 2001 Páx. 12.303

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

RESOLUCIÓN do 20 de agosto de 2001, da Secretaría Xeral e do Patrimonio da Consellería de Economía e Facenda, pola que se anuncia concurso público polo procedemento aberto e tramitación ordinaria, para a contratación das obras de substitución de aparellos elevadores no edificio administrativo da Xunta de Galicia, en Lugo.

A Consellería de Economía e Facenda anuncia concurso público, por procedemento aberto e tramitación ordinaria, para a contratación das obras de substitución de aparellos elevadores no edificio administrativo da Xunta de Galicia, en Lugo.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Economía e Facenda.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral e do Patrimonio.

c) Número de expediente: 21/2001.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: obra.

b) Descrición do obxecto: obras de substitución de aparellos elevadores no edificio administrativo da Xunta de Galicia, en Lugo.

c) Lugar de execución: Ronda da Muralla, nº 70, Lugo.

d) Prazo de execución: dous meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: vintecatro millóns novecentas sesenta e oito mil cincuenta e nove pesetas (24.968.059 pesetas o 150.061,06 euros), IVE incluído.

5. Garantías.

Provisional: 499.361 pesetas ou 3.001,22 euros.

Definitiva: 4% do importe de adxudicación.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Secretaría Xeral e do Patrimonio, Servicio de Xestión Económica e Control Orzamentario.

b) Enderezo: rúa San Caetano, s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15704.

d) Teléfono: 981 54 41 47.

e) Telefax: 981 54 41 25.

f) Data límite de obtención de información: será a mesma que para a presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) A xustificación da solvencia económica realizarase por algún dos medios sinalados no artigo 16 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño. A xustificación da solvencia técnica, segundo se indica no artigo 17 da mesma norma.

b) Clasificación suficiente e non caducada, expedida polo Rexistro Oficial de Contratistas, que habilite para contratar obras do grupo J, subgrupo I, categoría E.

8. Presentación das ofertas.

a) Data límite de presentación: 26 días naturais que se contarán a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG.

b) Documentación a presentar: a indicada nas cláusulas 5.3º, 5.4º e 5.5º do PCAP.

c) Lugar de presentación: no rexistro xeral da Consellería de Economía e Facenda, ou por correo, na forma establecida no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado, rúa San Caetano, s/n, 15704 Santiago de Compostela.

d) Admisión de variantes: non se admitirá a presentación de variantes ou alternativas.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Consellería de Economía e Facenda, rúa San Caetano, s/n, Santiago de Compostela.

b) Data e hora: ás 12 horas do quinto día natural, que non coincida en sábado ou día inhábil, seguinte ó de remate do prazo de presentación das proposicións.

10. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 20 de agosto de 2001.

P.D. (Orde 13-12-1993)

Emilio Álvarez Rey

Secretario xeral e do Patrimonio da Consellería

de Economía e Facenda