Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 179 Venres, 14 de setembro de 2001 Páx. 12.303

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 28 de agosto de 2001 pola que se convoca proceso selectivo para o ingreso no corpo superior de administración da Xunta de Galicia (grupo A), escala de letrados.

Advertidos erros no texto da devandita orde, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 170, do 3 de setembro, cómpre realiza-las seguintes correccións:

-Na páxina 11.712, base I.1.5, onde di: «Decreto 44/1999, do 18 de febreiro», debe dicir: «Decreto 122/2001, do 18 de maio».

-Na páxina 11.713, base I.3.2, onde di: «e oficinas de correos nas condicións á que se refire o artigo 38 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común...», debe dicir: «así como nos lugares previstos no artigo 38 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común...».

-Na páxina 11.716, base V.6, onde di: «de conformidade coas previsións das leis 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, do 8 de marzo e 3/1995, do 10 de abril, e demais normas concordantes», debe dicir: «de conformidade coas previsións das leis 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, modificada polas leis 4/1991, do 8 de marzo e 3/1995, do 10 de abril, e demais normas concordantes».