Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 179 Venres, 14 de setembro de 2001 Páx. 12.243

II. AUTORIDADES E PERSOAL

CESAMENTOS:

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

DECRETO 203/2001, do 13 de setembro, polo que se dispón que cese Pilar Rojo Noguera como delegada provincial da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo en Pontevedra.

En virtude do establecido no artigo 4.13º e 34.2º da Lei de Galicia 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, modificada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro, por proposta do conselleiro de Cultura, Comunicación Social e Turismo, logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día trece de setembro de dous mil un,

DISPOÑO:

Que cese, por petición propia, Pilar Rojo Noguera como delegada provincial da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo en Pontevedra, agradecéndolle os servicios prestados.

Santiago de Compostela, trece de setembro de dous mil un.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Jesús Pérez Varela

Conselleiro de Cultura, Comunicación Social e Turismo