Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 179 Venres, 14 de setembro de 2001 Páx. 12.243

II. AUTORIDADES E PERSOAL

CESAMENTOS:

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

DECRETO 201/2001, do 13 de setembro, polo que se dispón que cese Fernando Amarelo de Castro como secretario xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas.

En virtude do establecido no artigo 4.13º e 34.2º da Lei de Galicia 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, modificada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro, por proposta do conselleiro da Presidencia e Administración Pública, logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día trece de setembro de dous mil un,

DISPOÑO:

Que cese, por petición propia, Fernando Amarelo de Castro como secretario xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas, agradecéndolle os servicios prestados.

Santiago de Compostela, trece de setembro de dous mil un.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública