Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 178 Xoves, 13 de setembro de 2001 Páx. 12.235

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

AXENCIA TRIBUTARIA

EDICTO do 18 de xullo de 2001, da Dependencia de Recadación de Toledo, de notificación de providencia de constrinximento.

Ó non ser posible realizarlle a notificación ó interesado ou ó seu representante por causas non imputables á Administración tributaria, e unha vez intentado por dúas veces, en cumprimento do disposto no artigo 105.6º da Lei xeral tributaria (redacción dada pola Lei 66/1997), cítase o interesado ou o seu representante, para ser notificado por comparecencia na sede desta Dependencia Provincial de Recadación, en Toledo, na rúa Afonso X O Sabio, nº 1. No caso de non comparecer no prazo de dez días contados desde o seguinte ó da publicación desta citación, a notificación entenderase producida para tódolos efectos legais desde o día seguinte ó do vencemento do dito prazo, de acordo co disposto no artigo 103.3º do RXR (Real decreto 1684/1990, do 20 de decembro) nos seguintes termos: que, ó non ser satisfeita a débeda de referencia no prazo de ingreso en período voluntario

en virtude do establecido no artigo 127 da Lei xeral tributaria, o órgano competente arriba indicado acordou:

En uso das facultades que me confiren os artigos 100 e 106 do Regulamento xeral de recadación, liquido a recarga de constrinximento polo 20% do importe da débeda pendente e dicto providencia de constrinximento para que se proceda executivamente contra o patrimonio ou garantías do debedor, no caso de non se produci-lo ingreso nos prazos sinalados no artigo 108 do citado regulamento.

E, ademais, teráselle por notificado de tódalas sucesivas dilixencias ata que remate a formalización do procedemento, sen prexuízo do dereito que o asiste a comparecer.

Toledo, 18 de xullo de 2001.

Nieves Palau Fayos

Xefa da Dependencia de Recadación de Toledo

AEAT Comunidade Autónoma de Galicia.

Delegación: Toledo.

Núm. emi.: 01.3.1.11.001.

Datos do contribuínte: 04133127-G. Llave Sánchez Aurelio, pz. Sta. Leocadia, 8, 8-A, Talavera do Rei.

Concepto: sanción.

Descrición: exp.: 1997/XC003210.

Obx. trib.: P. Ter. O.P.

Clave liquidación: C1100098150224579.

Importe: 6.000.

D. prov. constr.: 13-3-2001.

Datos do contribuínte: 04133127-G. Llave Sánchez Aurelio, pz. Sta. Leocadia, 8, 8-A, Talavera do Rei.

Concepto: sanción.

Descrición: exp.: 1999/OU-0745-O-99.

Obx. trib.: P. ter.

Clave liquidación: C1100000320201739.

Importe: 30.000.

D. prov. constr.: 13-3-2001.

Recursos:

Recurso de reposición ante o órgano que dictou a providencia de constrinximento, no prazo de 15 días contados desde o seguinte ó da recepción desta notificación ou reclamación económico-administrativa ante o tribunal competente da dita xurisdicción, no mesmo prazo sen se poderen simultanear ámbolos recursos. A resolución das reclamacións económico-administrativas corresponderalles ós órganos económico-administrativos da Comunidade Autónoma.

Motivos de impugnación:

O procedemento de constrinximento poderá impugnarse polos seguintes motivos (artigo 138.1º da Lei xeral tributaria e artigo 99.1º do Regulamento xeral de recadación).

-Pagamento ou extinción da débeda.

-Prescrición.

-Aprazamento.

-Falta de notificación da liquidación ou anulación ou suspensión desta.

-Defecto formal no título expedido para a execución.

Suspensión do procedemento:

O procedemento de constrinximento, aínda que se interpoña recurso, soamente se suspenderá nos termos e condicións sinalados no artigo 101 do Regulamento xeral de recadación (R.D. 1684/1990, do 20 de decembro).

Solicitude de aprazamento:

Conforme establece o artigo 48 do Regulamento xeral de recadación, poderase aprazar ou fracciona-lo pagamento das débedas en período executivo.

A presentación das solicitudes de aprazamento ou fraccionamento efectuarase na delegación ou administracións da AEAT do territorio no que se deba efectua-lo pagamento.

Lugar de pagamento:

Na entidade que presta o servicio de caixa da Delegacion Administración da AEAT.

Xuros de demora:

As cantidades debidas, excluída a recarga de constrinximento, devengarán xuros de demora desde o día seguinte ó do vencemento da débeda en período voluntario ata a data do seu ingreso. O tipo de xuro fixarase de acordo co establecido noa artigos 58 da Lei xeral tributaria e 36 da Lei xeral orzamentaria, segundo se trate de débedas tributarias ou non tributarias respectivamente.

Custas:

No caso de se produciren custas no procedemento, a Administración repercutiralle o seu importe ó debedor, conforme o establecido nos artigos 153 e 157 do Regulamento xeral de recadación.

Prazos para efectua-lo ingreso:

(Artigo 108 do Regulamento xeral de recadación).

A) Recibida a notificación entre os días 1 e 15 de cada mes, ata o 20 do dito mes, ou inmediato hábil seguinte.

B) Recibida a notificación entre os días 16 e derradeiro de cada mes, ata o 5 do mes seguinte, ou inmediato hábil posterior.

Comparecencia do interesado:

Queda advertido o debedor de que pode comparecer, por si mesmo ou por medio de representante, no expediente executivo que se lle segue. Transcorridos oito días desde a publicación deste anuncio sen comparece-lo interesado, teráselle por notificado de tódalas sucesivas dilixencias ata que remate a substanciación do procedemento, sen prexuízo do dereito que o asiste a comparecer.