Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 178 Xoves, 13 de setembro de 2001 Páx. 12.230

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DO BARCO DE VALDEORRAS

ANUNCIO.

No BOP de Ourense nº 172, do 28 de xullo de 2001, publícase a convocatoria e as bases que rexerán na oposición libre para a provisión dunha praza de técnico de administración xeral, vacante no cadro de persoal funcionario do Concello do Barco de Valdeorras.

O prazo para presentación de instancias será de vinte días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios relacionados con esta oposición serán publicados no BOP de Ourense.

O Barco de Valdeorras, 8 de agosto de 2001.

Eduardo Ojea Arias

Alcalde accidental