Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 178 Xoves, 13 de setembro de 2001 Páx. 12.230

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 4 de setembro de 2001, da División de Recursos Humanos, pola que se emprazan as partes interesadas nos recursos contencioso-administrativos interpostos por Nuria Maquieira Gómez e Eva María Rodríguez Corral.

No Xulgado do Contencioso-Administrativo número un de Vigo tramítanse polo procedemento abreviado os recursos números 287/01 e 288/01 interpostos, respectivamente, por Nuria Maquieira Gómez e Eva María Rodríguez Corral. As recorrentes pretenden unha nova baremación dos méritos dos aspirantes a vinculacións temporais da categoría de médicos de familia, coa conseguinte modificación

da lista definitiva publicada pola Dirección Provincial de Pontevedra con data 22 de xaneiro de 2001.

O que se notifica para xeral coñecemento de tódalas persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan constituírse en parte no xulgado como demandados no prazo de nove días, de conformidade co previsto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 4 de setembro de 2001.

Valeriano Martínez García

Director xeral da División de Recursos Humanos