Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 178 Xoves, 13 de setembro de 2001 Páx. 12.226

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

ENTE PÚBLICO PORTOS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 31 de agosto de 2001 pola que se anuncia concurso aberto e tramitación ordinaria para o outorgamento de concesión de explotación das instalacións para a náutica recreativa do porto de Ortigueira. (Expediente 12-02-01-C-1).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: ente público Portos de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente:

c) Número de expediente: clave: 12-02-01-C-1.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do proxecto: o obxecto do concurso é o outorgamento da concesión de explotación das instalacións náutico-recreativas no porto de Ortigueira.

b) Lugar da concesión: porto de Ortigueira. Santa Marta de Ortigueira (A Coruña).

c) Prazo da concesión: cinco (5) anos.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Canon de explotación: o especificado no prego de bases.

5. Garantías.

Provisional: 100.000 pesetas.

Definitiva: as especificadas no prego de bases.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: ente público Portos de Galicia.

b) Domicilio: praza de Europa, 5A-6º polígono das Fontiñas (Área Central).

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15007.

d) Teléfono: 981 54 45 02.

e) Fax: 981 54 53 24.

f) Data límite de obtención de documentos e información: coincide coa data límite de presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do solicitante: os especificados no prego de bases.

8. Presentación de ofertas e das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: o prazo de presentación de proposicións rematará as doce horas do décimo quinto día natural seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. No caso de que o mencionado día coincida en sábado

ou festivo o prazo de admisión das proposicións rematará ás doce horas do día hábil seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: segundo o indicado no prego de bases.

c) Lugar de presentación:

Entidade: ente público Portos de Galicia.

Domicilio: praza de Europa, 5A-6º, polígono das Fontiñas (Área Central).

Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15707.

d) Prazo durante o que licitador está obrigado a mante-la súa oferta: corenta e cinco (45) días desde a apertura das proposicións.

9. Apertura de ofertas:

a) Entidade: Instituto Galego da Vivenda e Solo.

b) Domicilio: Área Central.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15707.

d) Data: o décimo día natural seguinte ó do remate do prazo de presentación das ofertas. No caso de que o mencionado día coincida en sábado ou festivo, a apertura realizarase o día hábil seguinte.

e) Hora: 9 horas.

10. Outras informacións: a mesa de contratación comprobará en acto previo a documentación do sobre 1, e publicará no taboleiro de anuncios dos servicios centrais de Portos de Galicia o resultado da apertura, para que se emenden, dentro do prazo que se indique, os defectos materiais observados na documentación.

11. Gastos dos anuncios: este anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 6 de setembro de 2001.

Emilio García Gallego

Presidente do ente público Portos de Galicia